Ir arriba

Mércores, 25 de Decembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, Mércores, 25 de Decembro do 2024

Obradoiro de iniciación ó audiovisual : Crea a túa propia curtametraxe

Sábados: 23 e 30 de setembro e 7 e 14 de outubro de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

Galería de fotos

Share o no share
Obradoiro de iniciación ó audiovisual : Crea a túa propia curtametraxe
Neste taller teórico-práctico os alumnos/as aprenderán cómo se realiza unha produción cinematográfica. Foi deseñado por profesionais do mundo audiovisual co obxetivo de dotar ós alumnos/as coas técnicas e ferramentas elementais de cómo realizar un filme, xa sexa curtametraxe ou longametraxe, que coñezan as etapas que compoñen a rodaxe e graven a súa propia produción, que por razóns obvias será unha curtametraxe. Comezando pola idea e a escritura do guión, seguindo polo desglose e planificación, o ensaio, a rodaxe e rematando pola posprodución e presentación da curta.
PROGRAMA
Día 1 - Mañá (Guión)
Os/as alumnos/as coñecerán a estructura do guión cinematográfico e aprenderán as súas técnicas de desenrolo. Nesta parte do obradoiro preténdese que os/as estudantes/as constrúan, a partir da idea, o seu propio guión. (4h)
Día 1 - Tarde (Produción/Dirección)
Nesta parte do obradoiro, os/as alumnos/as familiarizaranse co guión xa escrito e aprenderán a planificar a rodaxe según o obxetivo da produción e coñecerán as súas necesidades. (2h) 
Comezan os ensaios e con eles as diferentes técnicas interpretativas, onde poderán poñer en valor a dirección de actores. (2h)
Día 2 - Mañá (Operador de cámara)
Para a rodaxe é preciso coñecer diferentes aspectos técnicos para a filmación. Coñecementos sobre a cámara que imos a utilizar ou a iluminación axeitada para cada escea. Os/as alumnos/as poderán poñer en práctica o aprendido sobre as cámaras DSLR. (6h)
Día 2 - Tarde (Dirección)
Últimos ensaios do equipo para ter todo a punto para a rodaxe que se levará a cabo ó día seguinte. (2h)
Día 3 - Mañá e Tarde (Rodaxe)
Poñemos en práctica o aprendido en días anteriores, guiando ós/ás estudantes/as na filmación da curta que terá como escenario a vila. (8h)
Día 4 - Mañá e Tarde (Montaxe)
Unha vez que temos feita a filmación comeza a posprodución, na que unimos as pezas tanto de video coma de audio e imos dándolle a forma que precisa a narración. (8h)

Ó remate proxectarase a curtametraxe Share o no Share, dirixida por Juan Hervella- Rego, gañador do premio ó mellor director no Festival de Cans e ó mellor guión no 12 Months Film Festival de Rumanía. Está protagonizada, entre outros, por Luis Tosar, Luis Zahera, Isabel Blanco, Ruth Sabucedo e o propio Juan Hervella-Rego, unha curtametraxe de acción que se prolongou durante 8 anos de rodaxe.

 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com