Ir arriba

Sábado, 21 de Decembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

SERVIZOS / Xulgado de Paz

Xulgado de Paz e Rexistro Civil

Información

Regulados na Lei Orgánica 6/1985, do Poder Xudicial, disponse que os Xulgados de Paz son órganos xudiciais unipersoais que existirán onde non exista Xulgado de Primeira Instancia e Instrución e con xurisdición no termo correspondente. Este tipo de xulgados están atendidos por un xuíz ou xuíza non profesional, o xuíz ou xuíza de paz, que exerce funcións xurisdicionais e encárgase de resolver cuestións de menor relevancia por un período de catro anos. Na actualidade, e desde o 21 de febreiro de 2015, o xuíz de Paz de Castrelo de Miño é Senén Madarnas Ramos.

No ámbito do Rexistro Civil, o Xulgado de Paz é parte competente nos seguintes asuntos rexistrais relacionados cos veciños de Castrelo de Miño:
 
Inscrición do nacemento dun fillo.
Celebración de vodas e inscrición de matrimonios.
Inscrición de defuncións dunha persoa en Castrelo de Miño.
Expedición de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, en extracto e literais, así como expedición de fe de vida e estado.

Normativa

Localización

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com